domingo, 22 de marzo de 2015

NOVENA SEMANA DO DIARIO

Ola! xa estou de novo aquí, que cansazo... Tamén podían contar eles as cousas, que para iso teñen mans. Ben... dá o mesmo, xa o conto eu.

O que vou explicar non é nada raro, o que pasa todos os días. Na 1ª clase non ocorreu nada; pero na segunda Ricardo botou un berro, dixo: "Caladeeee!". Tamén Vicente expuxo o seu traballo. Pola tarde xogamos outra vez ao "Pasapalabra Cutre", ao rematar veu Aitor, o profesor de Educación Física, que os levou ao pavillón para ensinarlles como xogar ao bádminton.

O venres á primeira hora fixeron Matemáticas, e foron ao laboratorio, ó vir a profesora dixo que se ao día seguinte se portaban ben farían o dos corredores, eu on sabía o que era, pero polo que explicou tiña que ser moi divertido.

En inglés, coma outra clase calquera, puxéronse a falar e o profesor enfadouse. Despois foron ao recreo xogar, os nenos querían levar o balón pero o patio estaba mollado, entón non puideron...


Eu estaba mirando pola ventá coma unha cotilla... Cando volveron do  patio tocáballes con Ricardo, os primeiros en rematar, como non, foron Alberto, Nuño e Pablo que se puxeron rapidamente a ler e a facer as fichas de lectura. Despois Laura expuxo a súa cartolina, que se trataba de Venezuela. Ao rematar a súa charla Ricardo leulles un pouco dos "Sete Segredos"; cando tocou o timbre todos os nenos querían marcharse con todas as gañas do mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario