miércoles, 11 de febrero de 2015

OITAVA SEMANA DO DIARIO

Ola nenas e nenos!

Hoxe vouvos falar doutra das catastróficas semanas dos nenos de 5ºA.

Riiinnnggg! Todos á clase, unha vez máis os nenos chegaban á clase pero sen gañas. Tamén había algún que outro rapaz pachuchiño, e como non, os pachuchiños sempre rematan marchando, e non sería casualidade que todos marcharan na clase de Matemáticas; terán morro!

Cando marcharon todos había tan pouca xente que non parecía unha clase! O martes todos chegaron preocupados polo exame de Inglés, pero estes nenos son moi listos (para o que queren). Tamén se puxeron moi tristes porque ese día tocáballes "xogo libre" e só tiñan medio pavillón dispoñible, e aprazouse para o xoves.

Chegado o mércores, o profesor Ricardo (co nome sentenciado, esgotáranllo de tanto que o din...) empezou a cabrearse porque os nenos non traían os 3€ para o bocata solidario.

Os rapaces souberon que luns e mércores terían exame de Sociais. Tamén disfrutaron dos ordenadores na clase de Música.

O xoves na clase de Naturais os nenos descubriron moitas cousas científicas:

1º- Máis cousas sobre os 5 sentidos, incluído un ollo do laboratorio que se desmonta!
2º- Que Leia se irrita. Si, si; oiches ben... Leia irrítase!
3º- E que os esbirros non sempre son normais (Aaaaachiiiiíííssss...!!!)

O venres, como todos, unha catástrofe, pero creo que non hai que dicir máis.

SÉTIMA SEMANA DO DIARIO

Ola! Esta semana vin como o titor escribía nas ventás cun rotulador. Fixo un esquema para Naturais.
Tamén fixo a súa expresión oral sobre Londres. Foi a primeira e serviulles de lección aos menos.

O mércores sucedeu na clase unha anécdota moi graciosa; un neno quedou atrapado entre a mesa e a cadeira, e tiveron que ir por un trade para poder sacalo. Ocorreu na clase de Matemáticas. A profesora riu moito!

Os xoves os nenos quedaron sen Educación Física. Unha mágoa! Pero o titor púxolles uns vídeos na pantalla dixital. Eran moi divertidos.

Dane fixo a súa expresión oral sobre Jordania.

O venres foi o Día da Paz e todos os nenos foron ao salón de actos.

Os rapaces da clase estiveron tamén cos ordenadores.

Vémonos a vindeira semana!

lunes, 9 de febrero de 2015

SEXTA SEMANA DO DIARIO

Ola! Queredes saber como lles foi esta semana aos rapaces de 5ºA?
Comezamos: o luns os nenos chegaron á clase despois dunha nova festa a fin de semana "O San Antón". É unha festa onde se fai unha fogueira e ásase un chourizo. Ummm, que rico!

Tamén o luns os pais dos alumnos estiveron na clase para que Ricardo lles explicara como se facía o traxe de reno do Entroido.

O martes, os nenos tiveron un exame de Galego, polas caras penso que lles debeu saír ben; e o xoves,  outro exame de Lingua Castelá.

Ese mesmo día, pola tarde, Ricardo díxolles aos  nenos que ía presentarlles a dous novos compañeiros, que ían estar con eles durante o tema de Naturais;  eles pensaron que serían uns nenos normais, pero resultou que eran dúas figuras do laboratorio! Os rapaces, coma sempre que aparece algo novo na clase, puxéronlles nome: Mortadelo e Filemón.

Houbo un novo cambio coas mesas da clase, o titor colocounos facendo un círculo de cara á pizarra, todos parecían moi contentos, e eu tamén...

Por último o venres Ricardo fixo o sorteo da "Volta ao mundo con 23 alumnos". Colleu unha lata e meteu os nomes de moitos países e as súas capitais, e cada neno ía sacando unha sen mirar.

Adeus! Ata a vindeira semana.