miércoles, 21 de enero de 2015

QUE BEN O PASAMOS!



QUINTA SEMANA DO DIARIO

Despois das longas vacacións de Nadal xa chegaron as clases.
Os de 5º A estabamos tan tranquilos e de súpeto:
 RIIIINNNNGGGGG…!!!! E todos os alumnos veñen correndo (pero sen ganas) para a clase.
Estiveron falando de como  o pasaron no Nadal e tamén falaron da actuación na que cantaron as cancións: “Ain´t no mountain high enough” e “Shout” e fixérono moi ben.
Sabedes un segredo?
Pois… eu tamén fun á actuación, aínda que ninguén me viu porque fun no peto de Rubén!
No entroido van a ir disfrazados de renos, aínda que a ninguén lle gustou,  eu coido que irán moi guapos.

Os últimos días desta semana foron un caos porque están todos malos. Primeiro chegou Laura á clase e vomitou e hoxe pola mañá Daenerys tivo que marchar porque estaba enferma. Seguro que é un virus e espero que non sexa máis grande ca min…
Ricardo estivo a facer cambios na clase aínda que non lle resultaron moi produtivos. So hai cinco persoas sentadas soas, aínda que unha parella charla moito (non direi nomes) por iso Ricardo pensa que sería mellor ter mesas individuais.

CUARTA SEMANA DO DIARIO

Esta Semana os nenos están atarefados estudando e facendo exames de Lingua Castelá, de Galego…  e aínda os que lle quedan!
O taboleiro no que estaba o Pai Usera converteuse no taboleiro de exames, xa que o titor, que por certo… chámase Ricardo, quere estar enterado dos exames que lles  quedan.
Os nenos estudan moito porque queren que Papa Nöel e os Reis Magos deixen algún agasallo debaixo da árbore de Nadal, e non carbón.
Queren que chegue a fin de semana e os tres días nos que descansar, xa que o luns é festivo nacional: a Inmaculada Concepción; pero… non poden descansar moito xa que hai que estudar para os exames da semana seguinte. Que semana lles espera!
Os ensaios para a gala de Nadal están acabando coa paciencia do titor, teñen que ensaiar moito e non se sabe se ao final non rematarán cantando “Campá sobre campá”. Esa é a condición se non poñen interése!
Tanto charlar está agobiando ao profe que di que “un día vailles caer a lingua de tanto falar”.
Os que se clasificaron na carreira de campo a través en Tintores seguen practicando, xa que van para o campionato de Ourense, e logo para o de Galicia. Os campións da clase quedaron no mesmo posto: undécimo,  son Pablo e Daenerys. Moi ben! Campións da clase, acabo convosco esta dura semana para todos. Chao!