Ola! xa estou de novo aquí, que cansazo... Tamén podían contar eles as
cousas, que para iso teñen mans. Ben... dá o mesmo, xa o conto eu.
O que vou explicar non é nada raro, o
que pasa todos os días. Na 1ª clase non ocorreu nada; pero na segunda Ricardo
botou un berro, dixo: "Caladeeee!". Tamén Vicente expuxo o seu
traballo. Pola tarde xogamos outra vez ao "Pasapalabra Cutre", ao
rematar veu Aitor, o profesor de Educación Física, que os levou ao pavillón para
ensinarlles como xogar ao bádminton.
O venres á primeira hora fixeron
Matemáticas, e foron ao laboratorio, ó vir a profesora dixo que se ao día
seguinte se portaban ben farían o dos corredores, eu on sabía o que era, pero
polo que explicou tiña que ser moi divertido.
En inglés, coma outra clase calquera,
puxéronse a falar e o profesor enfadouse. Despois foron ao recreo xogar, os
nenos querían levar o balón pero o patio estaba mollado, entón non puideron...
Eu estaba mirando pola ventá coma
unha cotilla... Cando volveron do patio tocáballes con Ricardo, os
primeiros en rematar, como non, foron Alberto, Nuño e Pablo que se puxeron rapidamente
a ler e a facer as fichas de lectura. Despois Laura expuxo a súa cartolina, que
se trataba de Venezuela. Ao rematar a súa charla Ricardo leulles un pouco dos
"Sete Segredos"; cando tocou o timbre todos os nenos querían
marcharse con todas as gañas do mundo.