domingo, 22 de marzo de 2015

DÉCIMA SEMANA DO DIARIO

Ola de novo amiguiños... Vouvos contar o que sucedeu esta semana:

Os nenos estiveron moi contentos porque nas horas de Matemáticas fixeron uns murais e foron medir os corredores do colexio.

Tamén estiveron tristes, xa que o mestre cambiounos de sitio, e como sempre, non todos estaban moi conformes...

O martes e o xoves baixaron as raquetas de bádminton a Educación Física. Tamén o xoves foron ao laboratorio e levaron con eles a Mortadelo e Filemón de volta ao seu sitio. Cando chegaron estaban moi contenos, pois seguro que no laboratorio algo divertido estiveron a facer...


Ben amiguiños, ata a vindeira semana!

No hay comentarios:

Publicar un comentario