domingo, 14 de diciembre de 2014

TERCEIRA SEMANA DO DIARIO



Ola! Aquí estou outra vez, para contarvos como me foi a semana.
A verdade é que estiven algo aburrida, os nenos están esforzándose nos estudos, están preto as vacacións de Nadal e procuran que as notas sexan boas (xa sabedes o porqué...) e por iso traballan moito.

Nesta semana empezaron os ensaios para a actuación na Gala de Nadal, divírtome moito vendo bailar aos nenos, algúns equivócanse bastante e ríome moito con eles, pero en xeral fano moi ben.

Góstame mirar pola ventá no recreo e ver aos nenos xogando no patio, cando chove teñen que se meter no patio cuberto; é unha mágoa porque non poden facer deporte.

Estiven pensando que na "Expresión Oral", na que os nenos tran unha cousa e falan dela, podíase facer o día da mascota, e que cada alumno traia a súa mascota e falar dela, pero a realidade sería que ese día non farían nada, porque estarían xogando co animal...

En fin, unha semana tan tranquila que ata me deu tempo de pensar...

sábado, 6 de diciembre de 2014

SEGUNDA SEMANA DO DIARIO


Ola! Hoxe vou contar o que pasou esta semana.

Os nenos tiveron que estudar para os exames do mércores, vaia faena! Os dous o mesmo día, un de música e outro de Sociais.
En Galego está a facer “expresión oral”, que é cando traen as cousas á clase e as explican.
Gústalles moito!
O titor nas clases de Lengua tamén lles le (e eu escoito atentamente) un libro dos cinco que se titula: Os cinco escápanse

Tamén nos últimos días estiveron preparando unha actuación de Nadal, pero non vou dicir as cancións! Nin o que van facer, porque entón estrágolles a sorpresa aos pais. E sería unha mágoa…

Moitas veces o titor ten que rifarlles porque falan moito, non teñen remedio! Calquera día o castigo vai ser tan grande que será lembrado por sempre xamais…

sábado, 15 de noviembre de 2014

COMEZAMOS...

Ola! Chámome Lola Lucecú, son unha araña de goma, e son a mascota de 5ºA; que che parece? Unha parvada? Unha loucura? Unha mentira? Pois nada diso, é verdade, tal como cho conto!
Eu estaba nunha tenda de trapalladas, dentro dunha bolsa con outras arañas de goma negras e transparentes (coma min, que tamén son transparente e algo verdosa) ata que nos mercaron…
Chegamos á clase de 5ºA dun colexio, e ao ver tanto rapaz pensamos que iamos dar moito medo, pois nada… Os nenos de agora non se che asustan con calquera cousa!
Empregáronse coma decoración para unha cabaza noxenta que fixeron polo Samaín; todas menos unha negra que foi parar ás mans de Vicente e eu, que quedei por alí tirada coma se nada.
Pensei que acabaría no cubo do lixo, pero os 23 rapaces desta clase salváronme e convenceron ao titor para que fose a mascota da clase. Alucinas, a que si? Eu tamén!
Despois veu o problema do nome, o mestre dicía que Lola (o primeiro que se lle pasaría pola cabeza, supoño) pero os rapaces quixeron que fose Lucecú, porque todo o que sexan palabras coma teta, pis e cu encántalles…
Lucecú é o nome dun insecto e non un nome para ninguén, pero ben… ao final quedei coma Lola Lucecú, aínda que eles só din Lucecú. No fondo a min dáme o mesmo, eu encantada de estar nesta clase posta nun taboleiro da parede vendo o que fan.
E vaia se fan cousas! Xa vin de todo! Como ían ao laboratorio e rompían un matraz; como veñen a clase con guitarras, fotos, vestidos, violíns e lles falan desas cousas aos compañeiros; como estudan; como fan tarefas, e como charlan cando cren que ninguén os escoita.

Xogan a un “Pasapalabra” algo trapalleiro para repasar leccións, tamén se pelexan ás veces, pero pronto fan as paces. A verdade é que estou abraiada, e por iso facer un diario é unha gran idea para coñecer mellor aos rapaces de 5ºA; espero que vos guste o que imos contar a partires de agora!

BENVIDOS Ó DIARIO DE LOLA LUCECÚ DOS ALUMNOS DE 5ºA