lunes, 9 de febrero de 2015

SEXTA SEMANA DO DIARIO

Ola! Queredes saber como lles foi esta semana aos rapaces de 5ºA?
Comezamos: o luns os nenos chegaron á clase despois dunha nova festa a fin de semana "O San Antón". É unha festa onde se fai unha fogueira e ásase un chourizo. Ummm, que rico!

Tamén o luns os pais dos alumnos estiveron na clase para que Ricardo lles explicara como se facía o traxe de reno do Entroido.

O martes, os nenos tiveron un exame de Galego, polas caras penso que lles debeu saír ben; e o xoves,  outro exame de Lingua Castelá.

Ese mesmo día, pola tarde, Ricardo díxolles aos  nenos que ía presentarlles a dous novos compañeiros, que ían estar con eles durante o tema de Naturais;  eles pensaron que serían uns nenos normais, pero resultou que eran dúas figuras do laboratorio! Os rapaces, coma sempre que aparece algo novo na clase, puxéronlles nome: Mortadelo e Filemón.

Houbo un novo cambio coas mesas da clase, o titor colocounos facendo un círculo de cara á pizarra, todos parecían moi contentos, e eu tamén...

Por último o venres Ricardo fixo o sorteo da "Volta ao mundo con 23 alumnos". Colleu unha lata e meteu os nomes de moitos países e as súas capitais, e cada neno ía sacando unha sen mirar.

Adeus! Ata a vindeira semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario